PanxónA comarca do Val Miñor formada polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, está situada ao suroeste da provincia de Pontevedra e debe o seu nome ao río que discorre por este fermoso val. Na súa desembocadura forma un fermoso esteiro, no que se localiza unha marisma cun importante valor ecolóxico, denominada “A Foz do Miñor“, que forma parte da Rede Natura 2000.

O Val Miñor conxuga un patrimonio natural excepcional cun clima agradable e exento de temperaturas extremas. Todo isto fai que os nosos visitantes poidan vivir aquí xornadas inolvidables ao longo de todo o ano.

canóns fortalezaOs concellos do val ofrecen unha gran oferta turística, grazas á súa riqueza artística, monumental e natural, que poderá descrubir mergullándose na nosa cultura e paisaxe.

Especial importancia ten a nosa gastronomía; isto débese en gran parte aos excelentes produtos que nos brindan o mar e a terra. Isto, conxugado cunha cociña tradicional e innovadora, invita ao deleite dos máis exquisitos pratos.

Riqueza paisaxística excepcional, espazos naturais protexidos, tranquilas e interminables praias, paraxes inolvidables, importante patrimonio histórico; mar e montaña fúndense no Val Miñor.

Descúbrenos….