A vila de Gondomar está situada no extremo sur occidental de Galicia, un territorio exuberante na súa natureza pero á vez humanizado e acolledor.

A súa situación estratéxica, a 15km de Vigo, 16km de Portugal e a 4km de Praia América e Baiona, converte a Gondomar nunha magnífica “base de operacións” para aqueles que desexen coñecer máis a fondo as comarcas de Vigo e do Baixo Miño, ou as Rías Baixas no seu conxunto e o norte de Portugal.

A súa ampla extensión (74,8 km2) ofrécenos unha gran variedade de paisaxes e hábitats: dende os escarpados rochosos da Serra do Monte Galiñeiro, pasando por fragas como a de Oliveira, Braña como a de Chan do Cereixo, ribeiras da Grova e do Miñor ata a xunqueira do Esteiro.

 

Historia e cultura

A orixe dos primeiros asentamentos atopados no concello de Gondomar remóntase ao paleolítico, máis concretamente de fai 150,000 anos e atópase na estación rupestre do Chan do Cereixo, na parroquia de Donas.

Destacan tamén as Mámoas de Chan de Prado, a Estación Rupestre e as Mámoas do Monte Galiñeiro, Auga da Laxe, a Estación Rupestre de Fonte da Prata e a Estación Rupestre Tomada de Xacobe (Seixiños Bancos).

Tamén atopamos numerosos vestixos de diferentes culturas. Tales como a cultura castrexa, destacando o Castro de Pedramoura en Borreiros, da época romana como a Ponte Romana de Mañufe e construcións da Idade Media, como o. Este último é o principal edificio artístico do concello, declarado “Ben de Interese Cultural” con categoría de monumento.

Pazo Gondomar

 

É na Idade Media, no século XII e na segunda metade do século XIII, cando se forman as parroquias, cuxos límites, en termos xerais, non sufriron alteracións dende entón. Os mercados e as feiras, nos que se intercambiaban gando e utensilios, xa existían nesta época, tal e como o demostra a aparición dun mapa do século XII-XIII do lugar de “A Feira”.

Entre os séculos XVI e XVII Gondomar sufriu unha grave recesión económica, debido ás pestes, á fame negra e a guerra galaico-portuguesa. Foi por aquel entón cando os portugueses, ante a imposibilidade de entrar en Vigo, se retiraron de Gondomar, non sen antes saquear y prender lume a varias edificacións, entre elas ao Pazo do Conde de Gondomar.

Dentro das súas importantes construcións podemos destacar a Igrexa Románica de Santa Baia e os Pazos da Escola, Vilarés e Pampillón.

Natureza

O concello de Gondomar Ruta dos Muiñosatópase nos contrafortes orientais da Serra do Galiñeiro, conformando un territorio que se abre á ría de Baiona, formando un anfiteatro natural a partires das formacións montañosas que o pechan. É precisamente neses puntos onde se sitúan as maiores cotas que acadan os 391 m. no Pico Castelo (ao Norte), os 699 m. na Serra do Galiñeiro (no Leste) e os 447 m. no Alto do Cereixo (no Sur).

O resto do territorio está formado por vales fluviais, destacando o do río Miñor e o de Zamáns. Tamén percorre parte deste concello o río Groba, que rega a parroquia de Borreiros, vertendo as súas augas directamente á ría de Baiona.

Destacamos tamén a Enseada do Miñor, zona natural  que forma parte da Rede Natura 2000 e que comparte cos concellos veciños de Nigrán e Baiona.

Contamos tamén có Mirador de San Antoniño, situado no alto do mesmo nome, cunhas vistas espectaculares do Val Miñor.

Oferta de lecer

Varias rutas de sendeirismo atravesan o concello tales como o Sendeiro das Greas, as Rutas do Galiñeiro, as Rutas do Monte Aloia ou as Rutas polos muiños dos ríos de Couso.

Nas ladeiras do Monte Galiñeiro, como noutros lugares de Galicia, mandas de cabalos salvaxes viven todo o ano. A finais da primavera celébranse os típicos curros ou rapa das bestas, nos que os veciños soben ao monte para traer as mandas, clasificar aos animais e marcalos nuna loita entre o home e a bestia. Os cabalos salvaxes son levados dende o monte ata o curro, onde os mozos lles cortan as crinas e marcan aos poldros. As voces dos mozos, os rinchos…fan de este tipo de acontecemento algo inolvidable.

A riqueza, fertilidade e diversidade do su territorio, así como a singularidade da flora e a  fauna existentes,  convírteno nun atractivo destino para os amantes da tranquilidade e os paseos pola natureza.